KEDADAS, ENCUENTROS Y AMIGOS

VIAXE A ESQUIAR A GRAND VALIRA
(PIRINEO ANDORRA)

Os amigos e amigas de Musgo Aventura queremos organizar, como todos os anos, unha viaxe para ir a esquiar e nos iremos á estación pirenaica de esquí andorrana de Grand Valira. A viaxe está pensado para todos os niveis (dende debutante ata avanzado) e só co obxectivo de pasárnolo ben.

Data:
Saída o sábado 15 de xaneiro (ás 22 horas na avda. de Bos Aires de Pontevedra, diante do pub “Buho Azul”) e regreso o sábado 22 de xaneiro (pola mañá ao mesmo lugar). Durante as viaxes a posible manutención correrá por conta de cada viaxeiro/a. En caso de non completar grupo para poder viaxar nós só, viaxaremos con outro grupo.

Transporte:
Será de ida e volta en autobús dende Pontevedra, e ata a estación de esquí.

Lugar:
Máis información en www.grandvalira.com

Estación:
Cota mínima - máxima: 1710 m. – 2640 m.
Km. de pistas: 193 Qm.
Remontes: 32 de los que 1 teleférico, 1 telecabina, 11 telesillas e 18 telesquíes
Pistas de esquí: 108 pistas de los que 17 verdes, 36 azuis, 34 vermellas e 21 negras
Innivación artificial: 83 Qm.

Actividade deportiva:
Clases: 2 horas de clases diarias de luns a venres para todos os niveis (dende iniciación ata avanzado).
Forfait: Forfait (acceso completo) de luns a venres á estación de Grand Valira (Soldeu-El Tarter e Pas de La Casa-Grau Roig).

Aloxamento e manutención:
Será no hotel Cassany de Andorra en habitacións dobles dende a noite do domingo ata a mañá do venres, en réxime de media pensión, coas comidas nas propias pistas.

Seguro:
Contará cun seguro de accidentes para toda a viaxe e de atención sanitaria en Andorra.

Material deportivo:
Material deportivo durante 5 días de luns a venres de casco, botas, táboas de esquí con carving de gama media e bastóns. En caso de querer alugar material de snowboard terás que pagar un suplemento de 40 € sobre o prezo final. En caso de non querer alugar o material deportivo poderás descontar 12 € do prezo final.

Prezo por persoa:
--460 € (todo).

Método para inscribirse o resolver calquera dúbida:
As persoas interesadas en inscribirse terán que poñerse en contacto con “Viaxes Sierra” (organizadora técnica da viaxe) no T. 881 979 138 o en 670 035 719 e indicarlle a referencia “Musgo Aventura Pontevedra”.
Karma: 0 - Votos positivos: 0 - Votos negativos: 0
Escribe tu respuesta






AVISO: La IP de los usuarios queda registrada. Los comentarios aquí publicados no reflejan de ningún modo la opinión de nevasport.com. Esta web se reserva el derecho a eliminar los mensajes que no considere apropiados para este contenido. Cualquier comentario ofensivo será eliminado sin previo aviso.